A pista do día

UNIDADE DIDÁCTICA 4: Arte que sorprende 

Nesta unidades descubriremos a diferentes escultores (entre outros artistas) do século XXI cos que quedarás abraiado!

Pistas…

1. LUNS 13 de abril de 2015: Que teñen en común unhas pezas de reloxos cos insectos? A este astista coñéceselle como o artista “mente mecánica”.

2. MARTES 14 de abril de 2015: Esta artista xaponesa converte en materia prima para as súas esculturas de animais o que a diario deixamos no lixo, obxectos e utensilios que a xente xa non quere nas súas casas cobran unha nova vida…

3. MÉRCORES 15 de abril de 2015: É inglés, dende moi cativo quería ser artista, este escultor sorprendeu a todo o mundo no 2004 facendo esculturas con pequenos xoguetes de plástico.

4. XOVES 16 de abril de 2015: É español, vive nunha illa, Ibiza. Con moita arte, imaxinación, madeira e diferentes materiais de refugallo fai esculturas de animais incribles.

Solución…

VENRES  17 de abril de 2015: Estes son os escultores que buscábamos. Picha nos seus nomes e enlazarás cunha páxina na que encontrarás mais información sobre eles:

1. Justin Gershenson-Gates

2. Sayaka Kajita Ganz

3. Robert Bradford

4. Luis Gallego

Pincha debaixo para ver un vídeo de como traballa un deles:

Como nace unha escultura de Luis Gallego

UNIDADE DIDÁCTICA 3: Outra forma de mirar, outra forma de pintar

E para continuar investigando…

Aqui vos deixamos algúns enlaces onde atopar información interesante sobre os artistas traballados.

Kandinsky

Miró

Luis Seoane

Picasso

Ademais non debes perderte a exposición recentemente inaugurada no museo de Belas Artes da nosa cidade “El primer Picasso” que durará 3 meses e que mostra obras tanto de Picasso no período no que viviu na Coruña, sendo un cativo, como dos seus profesores e do seu pai, que foi o seu primeiro mestre. Podes atopar toda a información sobre a exposición premendo neste enlace: Exposición El primer Picasso, A Coruña

 UNIDADE DIDÁCTICA 3: Outra forma de mirar, outra forma de pintar

E para continuar investigando…

FELICITACIÓNS a todolos detectives que conseguiron identificar os nomes dos artistas que traballaremos nesta unidade.

E agora que xa sabedes os seus nomes poderedes identificar cada biografía e cada cadro con cada un deles? Preme en cada imaxe para aumentalas.

pintor misterioso A

 

pintor misterioso B

 

 

 

 

pintor misterioso C

 

pintor misterioso D

 

 

 

 

pintor misterioso bio 4

 

pintor misterioso bio 3

 

 

 

 

pintor misterioso bio 1

pinntor misterioso bio 2

 

 

 

 

 

UNIDADE DIDÁCTICA 3: Outra forma de mirar, outra forma de pintar

Pistas…

As pistas desta semana axudarante a resolver o encrucillado. Cada frase a pronunciou un dos artistas dos que imos aprender algo novo nesta unidade. Serás quen de descubrilos a todos? Boa búsqueda detective!

CRUCIGRAMA DETECTIVES DAS ARTES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1. LUNS 2 de febreiro de 2014: “Todos os nenos nacen artistas. O problema é como seguir sendo artistas ao medrar”.

2. MARTES 3 de febreiro de 2014:  “O crítico de arte e o peor enimigo da arte”

3. MÉRCORES 4 de febreiro de 2014: “Trato de aplicar cores como palabras que forman poemas, como notas que forman música”.

4. XOVES 5 de febreiro de 2014: “O pintor pregunta e responde pintando cando nos seus cadros non se nota nin pregunta nin resposta, non hai arte.”

Solución…

VENRES  6 de febreiro de 2014:

CRUCIGRAMA COMPLETO

 

 

 

 

 

 

 

 

UNIDADE DIDÁCTICA 2: Arte e Nadal

E para continuar investigando…

Deixámoste aquí as imaxes de sete “adoracións ao neno”. Pintores moi importantes ao igual que Diego Velazquez tamén pintaron a adoración do Neno Xesús.

Demostra o bo ou boa detective que es e relaciona cada imaxe co pintor que a fixo. Despois trata de averiguar algo máis sobre os artistas e a súa obra:

  • Sobre os artistas: Onde naceron? En qué ano? Onde morreron? En qué ano?
  • Sobre as obras: En qué ano as pintaron? Qué técnica utilizaron? Onde se conservan?

Os pintores son: (Preme en cada nome para saber máis dos pintores)

  1. Leonardo da Vinci
  2. Sandro Botticelli
  3. Jerónimo Bosh (El Bosco)
  4. Alberto Durero
  5. Doménikos Theotokópoulos (El Greco)
  6. Pedro Pablo Rubens
  7. Diego Velazquez.

As obras son:

Adoraciones

Chequea quen pintou cada obra e anímate a participar na enquisa seguinte

 

UNIDADE DIDÁCTICA 2: Arte e Nadal

Pistas…

1. LUNS 17 de novembro de 2014: Estou pintado ao óleo sobre lenzo!

2. MARTES 18 de novembro de 2014: Pódesme visitar no Prado!

3. MÉRCORES 19 de novembro de 2014: Pintoume Diego en 1619 aos 20 anos!

4. XOVES 20 de novembro de 2014: Por 1 imos 3!

Solución…

VENRES  de novembro de 2014: preme na imaxe para saber máis

Velázquez_-_Adoración_de_los_Reyes_(Museo_del_Prado,_1619)

 

 

 

 

 

 

 

UNIDADE DIDÁCTICA 1: Arte na prehistoria

 

menhires torre

Nesta fotografía podes ver duás construccións. Unha máis antiga e outra máis moderna. Cal é cal? Non te fies da apariencia…

En efecto a máis antiga ainda que parece o contrario é a do fondo, o emblema da nosa cidade, a Torre de Hércules. E a máis recente son os menhires situados na Agra das Pradeiras. Estes menhires son un grupo escultórico, que representan polos seus tamaños, os máis altos, ao pai e á nai, e os demáis máis pequenos e variados, aos fillos.

A obra está situada como podes ver na fotografía relativamente preto da Torre de Hércules, e o misterio que te propoñemos esta vez consiste en averiguar:

Cal é a idade deste faro?

De que época é?

Cantos menhires forman parte do grupo escultórico?

Quen foi o artista que creou esta obra escultórica?

 

UNIDADE DIDÁCTICA 1: Arte na prehistoria

 

Que pensas que é o que aparece na fotografía?

Onde cres que se atopa?

Que tamaño cres que ten?

Para que o fixeron?

Dentro de poucos días faremos unha excursión para aprender máis sobre esta construcción pero mentres podes atopar a resposta a estas preguntas e moita máis información no enlace que atoparás premendo enriba da fotografía.

UNIDADE DIDÁCTICA 1: Arte na prehistoria

O misterio da semana

270px-Venus_of_Willendorf_frontview_retouched_2

Que pensas que é?

De que material pode estar feita?

Que tamaño cres que ten?

Para que a fixeron?

Onde pensas que a atoparon?

Terá nome?

Que nome lle porías tí?

Podes atopar a resposta a estas preguntas e moito máis premendo enriba da foto.

Podes aprender máis do home de cromagnon neste capítulo da serie “Érase una vez el hombre” Preme enriba do título para ir ao capítulo.

 

 

 

 

UNIDADE DIDÁCTICA 1: Arte na prehistoria

E para continuar investigando…

Demostra o bo ou boa detective que es e averigua:

Como se chamaba a persoa que atopou as cobas de Altamira?En que ano as descubriu? Que antigüidade teñen estas pinturas?

Podes atopar moita información se visitas a Páxina web do Museo de Altamira.

Altamira non é aúnica mostra de covas con pinturas no noso país. Descubre máis na Páxina web oficial do parque da prehistoria de Asturias. ¿En cal das covas asturiasnas podes atopar esta cabeza de cabalo? ¿Cal delas foi a primeira cova con arte paleolítico descuberta en Asturias?Pincha en cada unha se queres saber máis sobre elas. E como están moi preto, na nosa comunidade veciña, podes aproveitar para visitalas se preparas unha excursión divertida para un fin de semana diferente artístico e histórico.

 

cabeza de caballo Tito Bustillo

  1. Cova da Loja
  2. Cova de Pindal
  3. Cova de Buxu
  4. Cova Tito Bustillo
  5. Cova da LLuera
  6. Cova de Peña de Candamo

Pero a arte rupestre non se limitou a pinturas en covas. En Galicia temos numerosas mostras destas diferentes manifestacións artísticas. ¿sabes o que son os petroglifos? ¿son pinturas?¿esculturas ¿gravados? Descubreo na Páxina web oficial do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro

Aínda máis preto, en Carballo, o patrimonio artístico e os utensilios paleolíticos atopados en xacimentos costeiros no Espacio Natural de Baldaio, demostran que estivo poboado dende épocas moi remotas. Todos estes obxectos son expostos no Museo Arqueológico de La Coruña, no Castelo de San Antón. Recomendámoste que o visites. Tes toda a información deste e outros museos da cidade na pestaña de MUSEOS, na páxina inicial do blog.

UNIDADE DIDÁCTICA 1: Arte na prehistoria

Pistas…

1. LUNS 29 de setembro de 2014: Son unha pintura!

2. MARTES 30 de setembro de 2014: Non estou nun cadro!

3. MÉRCORES 1 de outubro de 2014: Estou en España e teño moitos anos!

4. XOVES 2 de outubro de 2014: Represento a un animal!

Solución…

VENRES 3 de outubro de 2014: preme na imaxe para saber máis.

Bisonte de Altamira

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s