As nosas creacións artísticas

Unidade 3 Terceira Sesión: Murais de expertos

Na clase repartímonos en catro grupos de expertos. Cada grupo buscou información sobre un dos artistas a traballar: Picasso, Kandinsky, Miró e Luis Seoane. Compartimos a información que atopamos co resto dos compañeiros do noso grupo e chegamos a acordos sobre que información poñer no mural. Ao mesmo tempo que facíamos o mural pensamos en como explicarllo ao resto de compañeiros da clase unha vez rematado e repartimos o que queríamos dicir entre os membros do grupo de maneira que a explicación do pintor a fixésemos entre todos.

WIN_20150220_115252 WIN_20150220_115230 WIN_20150220_115225 WIN_20150220_115212 WIN_20150220_113709 WIN_20150220_113705 WIN_20150220_113700  WIN_20150220_113658

 

Unidade 3 Segunda Sesión: Entroido Picassiano

Así se desenvolveu o noso traballo. Deixámos aquí uns exemplos das nosas máscaras picassianas:

WIN_20150213_152731

WIN_20150213_113909  WIN_20150213_113641  WIN_20150213_113115  WIN_20150213_111410  WIN_20150213_111328   WIN_20150213_111300  WIN_20150213_111255  WIN_20150213_111245  WIN_20150213_111239

 

Unidade 3 Segunda Sesión: Entroido Picassiano

Imos traballar o próximo venres 13 de febreiro os nosos retratos, ou mellor dito os nosos autoretratos ao modo de pintar de Picasso. Para iso é importante que nos familiaricemos co estilo que tiña Picasso de pintar orellas, beizos, ollos, cellas, etc. Podes descubrilo e practicalo antes do venres premendo neste enlace: http://www.picassohead.com/create.html

O que vos proporemos  facer o venres é convertir unha fotografía vosa nunha máscara de entroido de maneira que iredes disfrazados de vos mesmos, ainda que poida que non vos recoñezan. Para iso colleremos unha foto do voso rostro e imprimirémola tamaño natural, a continuación debuxaremos sobre ela as partes da cara que máis queiramos destacar pero ao estilo de Picasso mesturando perspectivas de fronte, de perfil, e botándolle imaxinación e cubrindo de cor e formas xeométricas a fotocopia ata obter unha nova visión de nos mesmos.

Aquí vos deixo un exemplo:

Mayra Picasso

 

 

 

 

 

Unidade 1 Cuarta Sesión: Instrumentos Musicais prehistóricos

Este venres na sesión de plástica construiremos instrumentos musicais ao modo de como os construiron os nosos antergos, é dicir empregando elementos naturais na súa elaboración.

Descubriremos as posibilidades sonoras de diferentes materiais en combinación con outros materiais. Centrarémonos en instrumentos de percusión que se poidan golpear, rascar, chocar,…

Posibles materiais que poderemos traer á aula para fabricar os nosos instrumentos: cunchas, sementes de froitos, noces, abelás, landras, pedras pequenas e lisas, paus,…

Outros materiais que podemos utilizar. Como non teremos cortezas de árbores podemos utilizar no seu lugar cartóns ou corchos. En lugar de troncos ou ramas ocas para construir paus de chuvia podemos utilizar cilindros do interior dos rolos de papel de cociña. En lugar de pelexos ou tripas de animáis podemos utilizar paquetes valeiros de azucre ou de café ou fariña para facer asóuxeres…

Imaxes para inspirarnos:

instrumento musical 1        sonsinstrumentos prehistoricos1

musicas prehistoria2

Unidade 1 Terceira Sesión: A natureza ao servizo da arte

Este venres na sesión de plástica traballamos dúas técnicas plásticas: o frottage e o estampado. Inspirámonos na forma de facer arte na Prehistoria onde utilizaban os elementos presentes no seu contorno, vexetáis, animáis ou mineráis para as súas creacións. Nos recollimos e utilizamos para a creación das nosas texturas no frottage follas que atopamos caídas no chan coa chegada do outono.

Puxemos estas follas debaixo da cartolina e frotamos cunha cera fortemente para que a silueta da folla e as nervaduras quedasen marcadas. Empregamos diferentes tonos de verde para dar un aspecto de follaxe espesa.

A continuación fixémoslle a pel ao camaleón coa técnica do estampado. Para estampar empregamos anacos de xormal que enrugamos até formar unha bola que fumos mollando en dúas cores (amarelo e vermello e a base de lixeiros toques fumos dándo forma á pel do animal).

IMG-20141025-WA0008

IMG-20141025-WA0012

Unidade 1 Segunda Sesión: Escultura Prehistórica

savignano

Venus de Savignano – Museo Prehistórico Pigorini (Roma – Italia)

willendorf

Venus de Willendorf – Museo de Historia Natural (Viena – Austria)

caballo2

Caballo – Museo de las Antigüedades Nacionales (St. Germain-en-Laye – Francia)

 

 

 

Estas figuras son pequenas estatuiñas antropomórficas e zoomorfas taiadas en arcilla e pedra. Particular interés ofrecen unhas características figuriñas femeninas de pequeno tamaño taiadas en pedra, denominadas xenéricamente Venus. Estas estatuiñas tenen unha clara tendencia á esquematización e un especial interese por resaltar os atributos sexuais femenidos. De entre as máis de cincuenta figuras descubertas destacan a Venus de Willendorf e a Venus de Savignano.

A proposta desta semana é a de convertirnos en escultores paleolíticos e modelar en plastilina unha destas venus. Para a actividade precisaremos:

actividad modelaje 1

Así o fixemos:

IMG-20141018-WA0037

IMG-20141018-WA0040IMG-20141018-WA0042IMG-20141018-WA0041

 

 

 

 

 

 

Unidade 1 Primeira Sesión: Pintura Prehistórica

O misterio da  primeira Unidade Didáctica foi desvelado! E xa sabemos algo máis das covas de Altamira e as súas pinturas. O próximo venres comezaremos os nosos traballos plásticos relacionados con elas. Se queredes facer coma nos e realizar a vosa propia obra de arte ides precisar os seguintes materiais:

En 3º utilizamos

3ºmateriais u1

 

 

Traballamos a imitación dun modelo debuxando as nosas adaptacións do bisonte de Altamira con cera branda sobre poliespán. Despois colgamos as nosas pinturas no teito do pasillo imitando a colocación das pinturas orixináis nos teito da cova.

Así o fixemos:

IMG-20141011-WA0016

 

IMG-20141011-WA0025

IMG-20141011-WA0018

 

En 4º utilizamos:

4ºmateriais u1

Os alumnos/as de cuarto curso, tras descubrir o “bisonte” das covas de Altamira, aprendimos que na prehistoria debuxaban aquelo que era representativo da súa cultura, a base da súa vida: o bisonte, como animal que aportaba alimento, pel, graxa, ferramentas, etc. A partires de ahí, buscamos o elemento representativo da nosa sociedade e cultura actual, e por maioría gañou a televisión, a cal representamos mediante a técnica do esgrafiado coloreando con ceras de cores o fondo da cartoliña, pintando por enriba de negro e raspando despóis un debuxo co mondadentes para deiar xurdir a cor que estaba oculta…

WP_002717 WP_002716 WP_002714 WP_002723

WP_002722 WP_002724 WP_002720

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s