…e algo de Música!

Viaxe musical coa nosa imaxinación e a bruxa Anónima

O día 28 de xaneiro tiñamos programada unha saída cultural: asistir ao concerto de Hércules Brass, no que participaban un Quinteto de vento metal e a Orquesta Sinfónica de Galicia, e todos eles guiados por unha bruxa. Así que, á volta das vacacións e para aproveitar ao máximo a experiencia, puxémonos a bruxulear para atopar resposta ás nosas preguntas (que, quen, cando, onde, como,?).
Para aterrar achegámonos ás obras que interpretarían (de varios compositores), experimentando e expresando os sentimentos que nos producían os distintos ritmos e melodías; aos instrumentos protagonistas (vento metal), coñecendo características de cada un deles e adestrando os nosos oídos (para distinguilos polos seus timbres) e as nosas voces (para imitalos).
Que tal organizarnos como quintetos para coñecer a cada un dos compositores e descubrir que partes do mundo inspiraron as súas obras?, para crear os nosos mini-concertos, nosos conxuro máxico para alcanzar desexos ou superar medos? A idea gustou e, cada quinteto, púxose ao choio inventando o seu nome, organizando e distribuíndo as distintas tarefas, deixándose guiar polos directores e directoras bruxos e bruxas, superando diferenzas, discrepancias e chegando a acordos que anotaban nos seus particulares libretos e nos formatos para compartir cos demais.
Chegado o día, acudimos ao Palacio da Ópera para vivir en directo o concerto, observando, sentindo, participando. E de volta ao cole, recordando, opinando e expresando a experiencia.
Aquí tedes uns exemplos dos percorridos desta viaxe musical.

3C tr1






4A d2
4A op1

4B tr2


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4A d1

3A d4

3A d3

3B d3   4C d2  4C d1

 

Música prehistórica

Que dirías que é o que aparece na imaxe?

LITOFONO

 

Para que o construiron?

De qué está feito?

Como cres que se chama ?

Se pinchas sobre a imaxe poderás escoitar música interpretada con el. Saberías decir a que serie de animación pertence dita melodía?

Atrévete a construir o teu instrumento primitivo pensando como eles…

Que precisarías? Como o farías? Que música tocarías?

instrumentos prehistoricos1

 

Que outros elementos puideron usar para construir instrumentos que lles servisen para comunicarse, para acompañar as súas festas e celebracións,…?

musicas prehistoria2

 

 

Para Comezar

Poida que este home non te resulte familiar pero hai unha música relacionada con el que si recoñecerás… Preme na imaxe para descubrila

zoltán kodály

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s