Somos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria do Colexio Santa María do Mar (Xesuítas)- A Coruña.
Pero neste blog queremos ser, ademais, «Detectives das Artes» e invitarvos a todos os que entredes nel a que poidades xogar a selo tamén.
A primeira semana de traballo dunha nova Unidade Didáctica de Plástica os nosos mestres e mestras vannos facilitar unha serie de pistas (unha cada día da semana) para tratar de descubrir a obra ou artista que imos traballar nela. Como bos detectives trataremos de descubrilo antes de chegar á solución que nos darán o venres.
Ademáis das pistas e das solucións iremos compartindo todos os nosos traballos e aprendizaxes nesta apaixoante materia.
Agardamos que vos guste e que o desfrutedes tanto coma nos.

Este é o noso carné